Aula Fin de curso

Calendario

Estarán operativas dende o 1 de maio ata fin de curso.

Inscrición

A inscrición poderá realizarse dende setembro de 2025 ata o 29 de maio de 2026 no formulario de visitas escolares da páxina web de VigoNature.

Niveis educativos

Apta para todos os niveis educativos, de infantil, primaria e secundaria.

Detalle da actividade

  • Esta actividade de longa duración pretende ser un recurso lúdico e educativo para dinámicas de fin de curso.
  • O obxectivo e estimular, dun modo lúdico, aos/as alumnos/as mediante a realización de dinámicas de coñecemento da natureza e do medio ambiente obradoiros e xogos de animación, rastrexos, aire libre e aventura.
  • Ten unha duración de seis horas, de 10:00 a 16:00 horas.
  • A comida e merendas non están incluídas. Os/as alumnos/as deberán traer a súa propia comida e no parque existen varias zonas para comer tanto a cuberto coma nas zonas axardinadas.
  • Apta para todos os niveis educativos, de infantil, primaria e secundaria.

Programación

A continuación presentamos a programación tipo detallada para un grupo mínimo de 20-25 participantes. Esta programación se adaptará a cada centro escolar, o cal recibirá a mesma coa suficiente antelación, adaptada ao seu nivel e número de participantes.

Horarios PROGRAMACIÓN Aula Fin de Curso 2026 INFANTIL PROGRAMACIÓN Aula Fin de Curso 2026 PRIMARIA E SECUNDARIA
Recepción e presentación
Recepción e presentación
Recepción e presentación
Recepción e presentación
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Visita guiada quiz
Descanso e merenda
Descanso e merenda
Descanso e merenda
Descanso e merenda
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Gran xogo
Descanso
Descanso
Contacontos ou alternativa
Contacontos ou alternativa
Contacontos ou alternativa
Contacontos ou alternativa
Contacontos ou alternativa
Contacontos ou alternativa
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Almorzo e tempo libre
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Os animais do exotarium
Remate e despedida
Remate e despedida

Descrición das accións educativas

Recepción e presentación

Nesta acción inicial se recepcionará ao grupo e se ubicará nunha dependencia reservada para o centro escolar, que funcionará como base para que depositen as mochilas, abrigos e comidas picnic. Posteriormente no auditorio se presentará a programación da actividade aos participantes e mestres/as, se indicarán as normas, se realizarán os grupos e se asignarán os/as monitores/as.

Visita guiada quiz

Adaptada a cada nivel educativo, e como criterio diferenciador das actividades ordinarias, esta visita polas instalacións do parque ten un compoñente lúdico no cal se inclúe un xogo de preguntas e respostas en cada punto ou punto de paradas. Os participantes por grupos, deberán responder as preguntas realizadas polo monitor ao remate das charlas en puntos concretos do percorrido. Os contidos da visita diminuirán na súa parte descritiva e se incrementarán en curiosidades e detalles rechamantes para os participantes. As preguntas respondidas adecuadamente outorgarán puntos a cada grupo e as erróneas restarán.

Gran xogo

Consistirá nun xogo de pistas e rastrexo onde os participantes, por grupos, deberán acadar unha serie de pistas espalladas polo parque, empregando as indicacións dos monitores, os textos das pistas que van atopando e elementos entregados como mapas, compases, fichas, etc. Os grupos deberán atopar a pista final e descubrir o reto oculto de VigoNature.

Contacontos

Deseñada para os máis pequenos, se trata como o seu propio nome indica, da narración dun conto de temática ambiental, apoiado cunha audiovisual e elementos gráficos.

Espeleoloxía

Deseñada para os nives de primaria e secundaria, consiste na participación no novo recurso educativo do parque, a cova do nocturama, onde os participantes deberán introducirse na réplica dunha cova natural con casco e luces frontais, e deberán orientarse para atopar a saída antes de que remate o tempo límite.

Os animais do exotarium

Actividade divulgativa conxunta realizada no auditorio, onde os participantes aprenderán a fondo sobre as características dalgunhas especies animais do exotarium, as súas curiosidades, ameazas e biloxía. Nesta actividade se poderán manipular algunhas espécimes e observalos de cerca con monitores especializados.

Coñece o resto dos nosos bloques