Aves rapaces irrecuperables

Descriptor de actividade ordinaria

Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces irrecuperables existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida dos mesmos. Traballaremos conceptos coma egragópilas e rastros nun pequeno obradoiro empregando lupas de man e lupas binoculares, xunto coa observación de plumas e réplicas de ovos e osos.

Tamén se visitarán as instalacións de aves rapaces irrecuperables (diúrnas e nocturnas) e a exposición permanente “aves e ovos” afondando no proceso de posta, incubación e cría particularmente das aves rapaces, xunto coas especies máis relevantes atopadas en cada hábitat exposto.

Programación de actividade

Máximo de participantes 50.

Esta programación pode estar suxeita a cambios durante a duración do programa educativo.

Horario tipo Accións
10:00 horas a 10:15 horas
Recepción
10:15 horas a 10:30 horas
Presentación audiovisual
10:30 horas a 11:00 horas
Obradoiro ambiental
11:00 horas a 11:40 horas
Visita guiada exterior (*)
11:40 horas a 12:00 horas
Visita guiada exposición aves e ovos
12:00 horas
Remate e despedida

(*) En caso de choiva esta actividade se verá modificada e poderá ser substituída

Coñece o resto dos nosos bloques

Reserva a actividade

Se desexas ofrecer esta experiencia ao teu grupo escolar, podes realizar a reserva a través de o noso formulario.