Especies exóticas invasoras

Especies exóticas invasoras

Descriptor de actividade ordinaria

Esta actividade está deseñada para dar a coñecer ao alumnado as Especies Exóticas Invasoras, mostrando conceptos coma a conservación da biodiversidade e as características básicas das especies autóctonas, invasoras, potencialmente invasoras e a súa problemática. Estes conceptos se traballarán con audiovisuais, xogos, visitas guiadas e obradoiros manipulativos en diferentes espazos do parque (aula, zona de aves rapaces, zona de tartarugas, zonas axardinadas, exotarium, etc.).

Os/as alumnos/as poderán observar de primeira man algunhas das especies animais e vexetais clasificadas nos tres grupos.

 

Finalmente se o tempo o permite se contempla a visita ao parque exterior de A Madroa para observar dúas zonas,

unha delas afectada por vexetación invasora e outra onde se levaron a cabo traballos de recuperación da vexetación autóctona.

Programación de actividade

Máximo de participantes 75.

Esta programación pode estar suxeita a cambios durante a duración do programa educativo.

Horario tipo Accións
10:00 horas a 10:15 horas
Recepción
10:15 horas a 10:45 horas
Presentación audiovisual, obradoiro e xogo
10:45 horas a 11:45 horas
Visita guiada coñecendo parte das especies exóticas invasoras (*)
11:45 horas a 12:00 horas
Visita polo parque forestal de A Madroa (*)
12:00 horas
Remate e despedida

(*) En caso de choiva esta actividade se verá modificada e poderá ser substituída

Coñece o resto dos nosos bloques

Reserva a actividade

Se desexas ofrecer esta experiencia ao teu grupo escolar, podes realizar a reserva a través de o noso formulario.