As plantas baixo o microscopio

As plantas baixo o microscopio

Descriptor de actividade ordinaria

O alumnado analizará diferentes estruturas vexetais baixo escalas de detalle crecente: a simple vista, baixo a lupa dixital de man e baixo o microscopio óptico; asociando o observado á función que cumpre o elemento analizado nunha planta (estames, pole, estomas, pistilo, pelos radicais, tricomas, etc.). Deste xeito transitaremos cun grao de detalle crecente polos diferentes niveis de organización dos seres vivos (aplicado ao caso concreto das plantas): células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas.

Programación de actividade

Máximo de participantes 50.

Esta programación pode estar suxeita a cambios durante a duración do programa educativo.

Horario tipo Accións
10:00 horas a 10:15 horas
Recepción
10:15 horas a 10:30 horas
Introdución e presentación “macroscópico e microscopio”
10:30 horas a 11:45 horas
Experimentación no laboratorio
11:45 horas a 12:00 horas
Repaso, conclusión e avaliación
12:00 horas
Remate e despedida

Coñece o resto dos nosos bloques

Reserva a actividade

Se desexas ofrecer esta experiencia ao teu grupo escolar, podes realizar a reserva a través de o noso formulario.