Festas de aniversario

Qué son?

As festas de aniversario en VigoNature son moito máis que un día de xogo: son experiencias únicas onde os nenos e nenas aprenden sobre a natureza mentres se divirten. Durante dúas horas, participarán en actividades guiadas por monitores especializados, deseñadas para despertar a curiosidade e o respecto polo medio ambiente a través do xogo, a exploración e a ciencia divertida.

 

Despois, os grupos dispoñen dunha hora adicional para celebrar a merenda nos espazos habilitados, baixo a supervisión das familias ou persoas adultas responsables. Así, combinamos educación, lecer e celebración nun entorno natural e inesquecible.

Feira da fantasía

De 3 a 5 años

De 15 a 25 participantes

Propoñémosche un aniversario único, cheo de xogos, diversión e sorpresas, onde os nenos gozarán
de actividades clásicas de feira, como pescar parrulos, tirar ao branco, as canastras, poñer a cola ao burro, o porteiro tolo, os aneis esvaradizos e moitos máis xogos e desafíos. ¡Unha verdadeira feira de
fantasía!

Festa típica

De 6 a 7 años

De 15 a 25 participantes

Os xogos populares e tradicionais son unha parte fundamental da nosa cultura e do noso patrimonio, e
transmitilos aos máis pequenos é un dos mellores agasallos que lles podemos facer. Por iso,
invitámosche a celebrar o aniversario do teu fillo en VigoNature, onde poderán gozar dunha festa única
que combina diversión, aprendizaxe e tradición.

Wild Kids

De 7 a 9 años

De 15 a 25 participantes

Desfruta dunha festa de aniversario única, chea de aventuras e momentos emocionantes. Durante esta
celebración, os nenos deberán afrontar unha serie de obstáculos e desafíos que poñerán á proba as
súas habilidades, traballo en equipo e capacidade de resolver problemas. A través de cada reto, non
só se divertirán, senón que tamén aprenderán de maneira práctica sobre o entorno natural que nos
rodea.

Escape room

A partir de 10 años incluidos

De 15 a 16 participantes

Prepárate para un aniversario único e emocionante! Este evento temático está deseñado para
mergullar aos participantes nunha misión divertida e educativa, co obxectivo de salvar o futuro do noso
planeta.

Canto custa?

O custo por neno/a é de 3,35 €, e inclúe a participación na actividade divulgativa, o acceso ao parque e o uso do espazo para a merenda.

Cada aniversario inclúe a entrada gratuíta para dúas persoas adultas responsables.

 

Os demais adultos acompañantes deberán abonar a entrada xeral de adulto. Estes adultos non poderán participar nas actividades guiadas cos monitores, pero si poderán acompañar durante a merenda e gozar dunha visita ao parque pola súa conta.

Datas e Horarios

  • Os meses de xuño, xullo e agosto de 17:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
  • Os meses de setembro a maio (excepto os meses de peche do parque) de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas únicamente os sábados.
  • Agás festivos, as actividades de aniversario se realizarán os sábados durante todo o ano e de luns a venres unicamente os meses de xuño a agosto.
  • Prégase puntualidade por parte dos asistentes. Se a actividade se atrasara por falla de puntualidade dos participantes a hora de finalización non se modificará.

Queres vir celebrar o teu aniversario con nós?

Por favor, activa JavaScript en tu navegador para completar este formulario.
Data solicitada
Nome da persoa responsable
Protección de datos