XI Andaina polos montes de Vigo

XI Andaina polos montes de Vigo

Programa xeral

O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a XI Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa- Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns .

Inscrición no 010: dende o 14 de maio ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademais, haberá exposicións e actividades infantís. 

Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.

O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos espazos recreativos a espazo aberto máis destacados da cidade. Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal de Zamáns, na Comunidade de Montes de Zamáns. 

Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que tanto o parque forestal como os muíños do río Zamáns son unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis frecuentes.

As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Zamáns e de Beade-Bembrive, pasando tamén polos parques forestais de Beade e da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) ou por lugares de interese medioambiental e etnolóxico. A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, con frondosas e bosque de ribeira. A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público familiar (ver

programa infantil). A modo de resume recóllese nos seguintes apartados.

Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Zamáns, Beade e Bembrive. Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Zamáns:

Punto de inicio
Parque Fore

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns

08:00
Andaina longa - 20 km
Dificultade alta

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Traslado a Inicio de ruta na A.R. do Pouso – Parque Forestal de Beade – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 7,1%; -6,2% |

pendente máxima 25,2%; -17,0% | desnivel 811m;-700m

09:00
Andaina media - 12 km
Dificultade media-baixa

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 7,3%; -6,7% | pendente máxima 26,4%; -18,3% | desnivel 466m; -465m

11:00
Andaina curta - 6,7 km
Dificultade baixa

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns  – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 6,4%; -6,6% | pendente máxima 20,7%; -20,1% | desnivel 241m/-241m

Programa xeral

O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a XI Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa- Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns .

Inscrición no 010: dende o 14 de maio ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademais, haberá exposicións e actividades infantís. 

Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.

O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos espazos recreativos a espazo aberto máis destacados da cidade. Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal de Zamáns, na Comunidade de Montes de Zamáns. 

Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que tanto o parque forestal como os muíños do río Zamáns son unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis

frecuentes.
As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Zamáns e de Beade-Bembrive, pasando tamén polos parques forestais de Beade e da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) ou por lugares de interese medioambiental e etnolóxico. A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, con frondosas e bosque de ribeira. A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público familiar (ver

programa infantil). A modo de resume recóllese nos seguintes apartados.

 

Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de

Zamáns, Beade e Bembrive. Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Zamáns:

Punto de inicio
Parque Fore

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns

08:00
Andaina longa - 20 km
Dificultade alta

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Traslado a Inicio de ruta na A.R. do Pouso – Parque Forestal de Beade – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 7,1%; -6,2% |

pendente máxima 25,2%; -17,0% | desnivel 811m;-700m

09:00
Andaina media - 12 km
Dificultade media-baixa

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 7,3%; -6,7% | pendente máxima 26,4%; -18,3% | desnivel 466m; -465m

11:00
Andaina curta - 6,7 km
Dificultade baixa

Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns  – PF de Zamáns

MAPA

Características: pendente media 6,4%; -6,6% | pendente máxima 20,7%; -20,1% | desnivel 241m/-241m

Recomendación: para todos os públicos e para familias con fillas e fillos maiores de 8 anos.

Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.

Programa infantil

Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.

11:00
Peque-ruta

“O monte de Vigo na primavera”

Destinatarios

Familias con fillos menores ata 8 anos

Acollida en Parque Forestal de Zamáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30)

Entorno do Parque Forestal de Zamáns

Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.

13:00
Xogos infantis

Tiro con arco | Rastrexo

Máis información

Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas
aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para
menores inscritos ata 8 anos.

11:00
Peque-ruta

“O monte de Vigo na primavera”

Familias con fillos menores ata 8 anos

Acollida en Parque Forestal de Zamáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30)

Entorno do Parque Forestal de Zamáns

Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.

13:00
Xogos infantis

Tiro con arco | Rastrexo

Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas
aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para
menores inscritos ata 8 anos.

Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.

Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no XI Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 29 de maio as 13 horas no 010.
No caso de que o día 31 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Zamáns ata media hora antes do inicio da actividade.
Lugar de encontro: Parque Forestal de Zamáns. Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina Longa dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.
Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación descrita previamente, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.
Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando
a flora e fauna que se atope.

Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina descrito nesta web e desprazarse ata o Parque Forestal de Zamáns, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.

Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.

No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan.

Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23

Consulta as actividades e inscríbete agora para formar parte do programa de participación ambiental en Vigo.