ANIVERSARIOS EN VIGONATURE
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Taller creativo e artístico no que os participantes descubrirán a orixe da cerámica e experimentarán co modelado manual utilizando barro de secado ao aire. A través dunha experiencia práctica e relaxada, cada persoa poderá deseñar e crear a súa propia peza inspirándose nas primeiras creacións cerámicas da prehistoria e noutras formas tradicionais da artesanía. A […]
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Actividade de aventura onde aprenderás técnicas básicas de supervivencia, aventura e aire libre. Construiremos refuxios, montaremos un campamento, practicaremos orientación con compases e sinais naturais, aprenderemos diferentes nós e descubriremos como atopar recursos na natureza. Unha experiencia práctica para desenvolver autonomía, cooperación e respecto polo medio natural. De 6 a 12 anos. Prezo: 20 € […]
Taller educativo e sensorial onde descubrirás o fascinante mundo das abellas e os produtos da colmea. Coñeceremos como traballan as abellas, exploraremos elementos como o mel, a cera ou o pole, e prepararemos deliciosas galletas de mel inspiradas na forma dos panais. Unha experiencia participativa que achega ás familias á importancia da polinización e ao […]
Durante el tiempo de alimentación de las tortugas e iguanas en el exotarium, podrás observar su dieta y forma de alimentarse. Para todos os públicos.
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Taller educativo enfocado na identificación, conservación, clasificación e catalogación de especies vexetais presentes na zona, centrándonos nas especies exóticas e na confección dun herbario, unha ferramenta utilizada polos expertos botánicos para conservar mostras vexetais a modo de arquivo científico. Esta actividade permite un maior achegamento ao mundo vexetal e á metodoloxía botánica dunha maneira práctica […]
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.