Aventura en VigoNature

Destacado

Actividade de aventura onde aprenderás técnicas básicas de supervivencia, aventura e aire libre. Construiremos refuxios, montaremos un campamento, practicaremos orientación con compases e sinais naturais, aprenderemos diferentes nós e descubriremos como atopar recursos na natureza. Unha experiencia práctica para desenvolver autonomía, cooperación e respecto polo medio natural. De 6 a 12 anos. Prezo: 20 € […]

O mundo dos artrópodos

Destacado

Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Enriquecemento ambiental suricatas

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

Xogando a «quen é quen?» na horta

Destacado

Hoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero.... atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?.... […]

Arborismo

Destacado

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: 1h en quendas de 17.00h a 19.00h

Aniversario en VigoNature

Destacado

Reservado para festa de aniversario  https://vigonature.es/festas-de-aniversario/

Mírame ao grande

Destacado

Unha actividade de observación onde empregaremos lupas e outros instrumentos de aumento para descubrir detalles da natureza que adoitan pasar desapercibidos. Observaremos macroorganismos presentes en mostras de auga e outros elementos naturais para comprender mellor as súas estruturas e características. Unha experiencia para espertar a curiosidade científica e aprender a observar a natureza máis de […]

As aromáticas na cociña

Destacado

Taller no que coñeceremos algunhas plantas aromáticas como o ourego ou o ceboliño que podemos ter na nosa horta e aprenderemos a recoñecelas e empregalas en receitas sinxelas. Traballaremos os sentidos e as habilidades para incorporar na nosa cociña. A partir dos 4 anos.

Fósiles

Destacado

Obradoiro de paleontología donde descubrirás como se forman los fósiles y que información nos cuentan sobre la vida en el pasado. A través de muestras reales aprenderemos a identificar diferentes tipos de fósiles y huellas. Una actividad para acercarse al mundo de los dinosaurios y a la historia de la Tierra. Idade recomendada: a partir […]

A lúa

Destacado

Descubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e a razón das eclipses. Finalmente, responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non? Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.

Ruta nocturna polos montes de Valladares

Destacado

Ruta nocturna polos montes de Valladares, entre o Monte Cepudo e o Monte dos Pozos, con unha vista en redondo de Vigo. Percorridos con 165 prazas Horario: 20:30-01:00 Convocatoria: 20:00

Noites astronómicas

Destacado

A actividade levarase a cabo na terraza superior do reptilario adaptada para tal fin ou na praza de Félix Rodríguez de la Fuente e arredores., Presenza de polo menos 2 guías astronómicos que dirixirán a Actividade. Dirixida para adultos e nenos/as a partires de 8 anos de idade. A actividade consta de: Nocións sobre a […]

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.