Campamento Semana Santa

Aventura na natureza en VigoNature

O Campamento de Semana Santa é unha proposta educativa e lúdica dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, na que a natureza se converte no escenario principal do xogo e da aprendizaxe.

Ao longo de varios días, os participantes realizan pequenas exploracións polo parque, xogos de orientación, actividades de observación con prismáticos e lupas, construción de refuxios con materiais naturais e diferentes retos e xogos de habilidade. As actividades combínanse con momentos de convivencia e descanso, sempre adaptadas ás diferentes idades e organizadas en grupos acompañados por monitores especializados.

Unha experiencia activa ao aire libre que combina aventura, descubrimento e diversión nun entorno natural.

Catro días de aventura para xogar, explorar e descubir a natureza en VigoNature

Idades

Idades

6-12 anos

Datas

Datas

30, 31 de marzo

1 e 6 de abril

Plazas limitadas

Plazas limitadas

50 plazas

Precio

Precio

24€

Horario de 8:00 a 15:00

Madrugadores
Recepción
Xogos e actividades
Merenda
Xogos e actividades
Recollida
Friameira
Recollida

O campamento promove unha aprendizaxe baseada na exploración, no xogo e na convivencia en grupo

A través das diferentes actividades, os nenos e nenas desenvolven habilidades sociais,

autonomía e capacidade de cooperación, ao tempo que reforzan a súa curiosidade polo

medio natural. As propostas fomentan a observación, o descubrimento da fauna e da flora

e o respecto polo entorno, convertendo cada actividade nunha oportunidade para

aprender de forma activa e significativa.

Por que en VigoNature?

VigoNature ofrece un entorno natural seguro e diverso que permite desenvolver

actividades educativas ao aire libre.

A variedade de espazos do parque facilita a realización de exploracións, xogos de

orientación e actividades de observación da natureza nun contexto real. Celebrar o campamento en VigoNature permite que os participantes aprendan directamente do entorno que os rodea, favorecendo unha conexión directa coa natureza e unha experiencia educativa enriquecedora.

Inscripcións no correo
vigonature@vigo.org