ANIVERSARIOS EN VIGONATURE
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Taller educativo e sensorial onde descubrirás o fascinante mundo das abellas e os produtos da colmea. Coñeceremos como traballan as abellas, exploraremos elementos como o mel, a cera ou o pole, e prepararemos deliciosas galletas de mel inspiradas na forma dos panais. Unha experiencia participativa que achega ás familias á importancia da polinización e ao […]
Hoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero.... atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?.... […]
Actividade divulgativa onde aprenderás a fondo sobre as características dalgunhas especies de insectos sociais como as formigas ou as abellas, ambas as que podes ver de primeira man no noso exotarium. Coñeceremos as súas curiosidades, bioloxía e comportamento. Sabías que os insectos sociais considéranse superorganismos, onde a colonia actúa como unha unidade, con raíñas que […]
Reservado para festa de aniversario https://vigonature.es/festas-de-aniversario/
Ven visitar o parque e gozar dun magosto tradicional nas instalacións de VigoNature. Desde o punto de vista ambiental, o magosto contribúe á conservación da contorna ao promover a limpeza dos montes, fomentar o aproveitamento dos castiñeiros e reducir o risco de incendios. Esta tradición secular impulsa a xestión sostible dos soutos fronte ao abandono […]
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.
Actividade dirixida ás familias con nenos e nenas a partir dos 4 anos. Consta dunha parte expositiva e de proxección audiovisual na que se fai un percorrido polo Sol, os planetas, as súas lúas e o lugar que ocupa a Terra dentro do Sistema Solar, e dunha parte manipulativa cun obradoiro de manualidades. Especialmente deseñada […]
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.