O Camiño do Castiñeiro – Magosto Popular
Ven visitar o parque e gozar dun magosto tradicional nas instalacións de VigoNature.
Desde o punto de vista ambiental, o magosto contribúe á conservación da contorna ao promover a limpeza dos montes, fomentar o aproveitamento dos castiñeiros e reducir o risco de incendios. Esta tradición secular impulsa a xestión sostible dos soutos fronte ao abandono rural e, ademais, contribúe a previr a erosión e os desprendementos de terra.
Nesta actividade, que terá lugar o último día de apertura do parque, comezaremos cun percorrido polos xardíns, no que aprenderemos a recoñecer o castiñeiro e outras árbores autóctonas. Recolleremos castañas e, unha vez recollidas, prepararémolas e asarémolas de maneira tradicional coa axuda do «mestre asador».
Finalmente, degustaremos as castañas na contorna natural de VigoNature e aproveitaremos a xornada para divulgar a importancia e o valor desta festa tradicional.
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.
