• Cultivando cogomelos

    Obradoiro no que aprenderemos a identificar as especies comestibles máis comúns da zona (Boletus edulis, Cantharellus cibarius, níscalo/Lactarius deliciosus, Macrolepiota procera) e, sobre todo, as especies tóxicas coas que se poden confundir. Dominaremos as boas prácticas de recolección micolóxica (respecto polo micelio, uso de cestas, corte vs. arrincado). Coñeceremos as técnicas básicas de limpeza, conservación […]

  • Astro peques – vía láctea

    Actividade dirixida ás familias con nenos e nenas a partir dos 4 anos.Consta dunha parte expositiva e de proxección audiovisual na que se explica que é unha galaxia e por que presenta esas formas e esas cores, e dunha parte manipulativa cun obradoiro de manualidades. Actividade especialmente deseñada pensando no público infantil.

  • Descubrindo e cociñando cogomelos

    Obradoiro de iniciación ao cultivo doméstico de cogomelos para consumo. Do mesmo xeito que se cultivan hortalizas e froitas, o cultivo de cogomelos é unha actividade interesante cada vez máis en auxe. Aquí coñeceremos e diferenciaremos fungos saprófitos e micorrícicos, e traballaremos con Pleurotus ostreatus (cogomelo ostra) e/ou Lentinula edodes (shiitake). Adultos +18

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.