Fauna e flora, descubrindo a natureza

Fauna e flora, descubrindo a natureza

Descriptor de actividade ordinaria

Esta actividade consiste nunha visita guiada polas instalacións do exotarium, zonas de animais exteriores e zonas axardinadas usando como nexo de unión a observación das mesmas e relacionándoas cos seus hábitats, ecosistemas onde habitan e a súa problemática de conservación.

 

O noso exotarium, está conformado por tres plantas independentes que por si mesmas conforman elementos expositivos diferenciados.

A visita exterior contempla a observación das instalacións de aves terrestres diúrnas e nocturnas, lémures, suricatas, burros e ovellas, xunto con diferentes especies de árbores e plantas relevantes e con importancia na conservación da biodiversidade.

No caso do nivel de infantil se  traballan contidos básicos (cores, formas, sons, etc.).

 

Na cabana da árbore se realizará un pequeno obradoiro con rastros de animais e plantas que permitan aos participantes traballar texturas, cores, formas e olores naturais, nun nivel básico. Empregaranse mudas de serpes, lagarto, distintos tipos de plumas, ovos, follas, ramas, pedras, etc.

 

Na horta e invernadoiro se continuará co obradoiro, neste caso observarán os distintos tipos de plantas e o monitor explicará algunhas das comestibles que se observen, para que coñezan de onde proceden os alimentos. Os participantes poderán manipular, tocar e cheirar principalmente as plantas aromáticas existentes.

Programación de actividade

Máximo de participantes 150.

Esta programación pode estar suxeita a cambios durante a duración do programa educativo.

Horario tipo Accións
10:00 horas a 10:15 horas
Recepción
10:15 horas a 10:30 horas
Presentación audiovisual
10:30 horas a 11:00 horas
Visita guiada exotarium
11:00 horas a 12:00 horas
Visita guidada zonas exteriores (*)
12:00 horas
Remate e despedida

(*) En caso de choiva esta actividade se verá modificada e poderá ser substituída.

Coñece o resto dos nosos bloques

Reserva a actividade

Se desexas ofrecer esta experiencia ao teu grupo escolar, podes realizar a reserva a través de o noso formulario.