Programa
BioNature Escolas
2026-2027
BioNature Escolas
BioNature Escolas é o programa educativo curricular de VigoNature dirixido aos centros de ensino.
Combina natureza, ciencia, experimentación, observación, conservación e participación activa mediante experiencias adaptadas ás distintas etapas educativas.
Este ano en VigoNature presentamos dous calendarios de visitas, un calendario de outono – inverno e un calendario de primavera.
O calendario de outono – inverno está enfocado ás visitas escolares que se realizan dende o mes de setembro de 2026 ata o mes de febreiro de 2027 incluídos.
No caso do calendario de primavera, a medida que avance o curso escolar, se irá publicando a oferta educativa de forma paulatina.
O calendario de primavera está enfocado ás visitas escolares que se realizan dende o mes de marzo ata o mes de xuño de 2027 incluídos.
Descritor
VigoNature Educa é o proxecto educativo de VigoNature para centros escolares, unha proposta de aprendizaxe fóra da aula que utiliza os espazos, instalacións e recursos do parque como ferramentas de educación ambiental.
Dende outubro de 2026 a xuño de 2027, o programa achega os grupos á biodiversidade mediante a observación directa, a exploración, a experimentación e a participación, adaptando as actividades á idade, ao nivel educativo e ás características de cada grupo.
Idade
Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
Duración e horario
O calendario de outono – inverno está enfocado ás visitas escolares que se realizan dende o mes de setembro de 2026 ata o mes de febreiro de 2027 incluídos.
O calendario de primavera está enfocado ás visitas escolares que se realizan dende o mes de marzo ata o mes de xuño de 2027 incluídos.
Unha aula viva para descubrir, comprender e coidar a natureza
O programa busca achegar a educación ambiental ao alumnado mediante experiencias desenvolvidas fóra da aula e vinculadas con situacións, espazos e elementos reais.
A observación directa da fauna, da flora e dos ecosistemas permite relacionar os contidos educativos coa realidade, mentres que a experimentación e a participación favorecen unha aprendizaxe activa. A adaptación ás diferentes etapas educativas permite traballar desde o descubrimento sensorial en Infantil ata conceptos relacionados coa biodiversidade, os ecosistemas, a conservación, o impacto humano e a sustentabilidade en niveis superiores.
ACTIVIDADES ORDINARIAS
1. Fauna e flora – descubrindo a natureza
2. Invernía en VigoNature
3. O camiño do castiñeiro – Especial Magosto
ACTIVIDADES ORDINARIAS
1. Fauna e flora descubrindo a natureza
2. Pequenos exploradores
3. O Planeta Terra
4. Etoloxía e comportamento animal
5. Especies Exóticas Invasoras
6. Aves rapaces irrecuperables
7. CSI botánico
8. Investigadores verdes
9. Clima e meteoroloxía
10. Enerxías renovables
11. Veciños emplumados – Construción de niños.
AULAS
1. Aula en Vigonature
2. Aula no ecositema dunar do Vao
3. Aula de fin de curso
Visita VigoNature cos teus alumnos
Non perdas a oportunidade de que o alumnado disfrute de novas actividades mentres que aprende nun ambiente natural e diferente.
