
Horta san, bichos ao rescate
Moitos dos invertebrados que viven na horta son moi beneficiosos e neste obradoiro coñeceremos algúns dos “bichos” que nos axudan a manter as plantas fortes e sans. Idade recomendada: 4 anos
Moitos dos invertebrados que viven na horta son moi beneficiosos e neste obradoiro coñeceremos algúns dos “bichos” que nos axudan a manter as plantas fortes e sans. Idade recomendada: 4 anos
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h
Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra […]
Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta! Idade recomendada […]
As fins de semana de verán, o ceo estrelado de Vigo convértese no protagonista nas Noites Astronómicas de VigoNature. Desde a terraza superior do edificio principal, os participantes poderán gozar dunha experiencia educativa e lúdica observando o firmamento. Datas, horarios e prezo 📅 Datas e horarios: Xuño (ás 22:00 h): 14, 21 e 28 Xullo (ás […]
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h
Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.