Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Noites astronómicas

30 agosto 2025 I 21:00 - 22:59
€6
As fins de semana de verán, o ceo estrelado de Vigo convértese no protagonista nas Noites Astronómicas de VigoNature. Desde a terraza superior do edificio principal, os participantes poderán gozar dunha experiencia educativa e lúdica observando o firmamento.

Datas, horarios e prezo

📅 Datas e horarios:

  • Xuño (ás 22:00 h): 14, 21 e 28
  • Xullo (ás 22:30 h): 12, 19, 26 e 30
  • Agosto (ás 22:00 h): 14, 16, 20, 23, 27 e 30

⏳ Duración: 2 horas
👥 Aforo limitado: 25 persoas por sesión
💰 Prezo: 6 € por participante (inclúe chocolate quente)
📍 Lugar: Terraza do edificio de usos múltiples
👨‍🏫 Guías: 2 monitores especializados da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura

🔎 Actividades incluídas:

  • Introdución á filosofía Starlight
  • Uso do planisferio celeste
  • Observación directa da Lúa, planetas e constelacións co telescopio
  • Identificación de constelacións estacionais e circumpolares con punteiro láser
  • Breves historias mitolóxicas das constelacións
  • Preguntas e interacción co público

En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a actividade desenvolverase de forma virtual no auditorio.

Detalles

  • Fecha: 30 agosto 2025
  • Hora:
    21:00 - 22:59
  • Coste: €6

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.