En curso

CAMPAMENTO VERÁN XOVE VigoNature

Destacado

O Concello de Vigo, a través do seu programa VERÁN XOVE 2026, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos […]

CAMPAMENTO VERÁN XOVE ALBERGUE VigoNature

Destacado

O Concello de Vigo, a través do seu programa VERÁN XOVE 2026, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos […]

Obradoiro de cerámica

Destacado

Taller creativo e artístico no que os participantes descubrirán a orixe da cerámica e experimentarán co modelado manual utilizando barro de secado ao aire. A través dunha experiencia práctica e relaxada, cada persoa poderá deseñar e crear a súa propia peza inspirándose nas primeiras creacións cerámicas da prehistoria e noutras formas tradicionais da artesanía. A […]

Biodiversidade oculta, biodiversidade agochada

Destacado

Neste obradoiro tentaremos descubrir algunhas das numerosas criaturas que viven entre nós sen decatarnos. Son organismos moi numerosos, os temos moi preto e desenvolven importantes funcións ecolóxicas das que depende a nosa supervivencia e benestar, pero apenas os recoñecemos e non temos nin idea de cómo viven. Idade recomendada: a patir de 4 anos.

ANIVERSARIOS EN VIGONATURE

Destacado

Reservado para festa de aniversario  https://vigonature.es/festas-de-aniversario/

Horta chea de sorpresas

Destacado

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.