Enriquecemento lemures

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

O mundo dos artrópodos

Destacado

Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Perseidas

Destacado

📅 Data: Martes, 12 de agosto 🕥 Hora de inicio: 22:00 h ⏳ Duración: 2 horas 👥 Aforo limitado: 75 participantes 💰 Prezo: 6 € por participante (inclúe chocolate quente) 📍 Lugar: VigoNature 👨‍🏫 Monitores: 5 guías astronómicos da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura A inscrición comenza o 28/07/2025 a través da páxina web www. […]

Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.