- Este evento ha pasado.
Perseidas

📅 Data: Martes, 12 de agosto
🕥 Hora de inicio: 22:00 h
⏳ Duración: 2 horas
👥 Aforo limitado: 75 participantes
💰 Prezo: 6 € por participante (inclúe chocolate quente)
📍 Lugar: VigoNature
👨🏫 Monitores: 5 guías astronómicos da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura
A inscrición comenza o 28/07/2025 a través da páxina web www. vigonature.es cubrindo o formulario. Máximo de 4 persoas por inscrición.
Os puntos de observación son varios dentro das nosas instalacións: a terraza do edificio para as persoas maiores ( con cadeiras) e o pasillo central para o resto dos participantes.
Acompañaremos a observación das Perseidas cun chocolante quente.
Haberá grupo especifico para os nenos e nenas
🔎 Contido da actividade:
- Observación das Perseidas e explicación astronómica
- Identificación de constelacións visibles
- Xogos didácticos astronómicos para os máis pequenos
- Uso de planisferio e punteiro láser
- Actividade adaptada para adultos e menores
En caso de ceos cubertos ou chuvia, realizarase no auditorio con proxeccións e charla divulgativa.
Importante: Recoméndase levar roupa de abrigo e calzado cómodo. A pesar de ser verán, as temperaturas á noite poden ser baixas en VigoNature.
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.
