- Este evento ha pasado.
Noites astronómicas

A actividade levarase a cabo na terraza superior do reptilario adaptada para tal fin ou na praza de Félix Rodríguez de la Fuente e arredores.,
Presenza de polo menos 2 guías astronómicos que dirixirán a Actividade.
Dirixida para adultos e nenos/as a partires de 8 anos de idade.
A actividade consta de:
- Nocións sobre a filosofía StarLight.
- Traxectorias dos astros.
- Manexo dun planisferio achegado polo Concello de Vigo.
- Breve introdución ao funcionamento e manexo do telescopio e os prismáticos.
- Desprazamento de telescopios e prismáticos para a observación do ceo ou a Lúa e algún planeta visible nese momento
- Localización con punteiro láser das Constelacións Circumpolares (facilmente identificables para todos os públicos)
- Localización con punteiro láser das Constelacións estacionais (facilmente identificables para todos os públicos)
- Nocións de mitoloxía e a súa relación coas constelacións
- Resposta a preguntas astronómicas habituais por parte do público asistente
Se as condicións atmosféricas non o permiten (ceos cubertos, choiva etc.), a actividade trasladarase ao auditorio de VIGONATURE,
onde se levará a cabo unha pequena conferencia divulgativa para todos os públicos e mediante unha proxección realizarase a visita guiada do ceo de xeito virtual.
A hora de inicio da actividade será ás 22.30 horas durante os meses de xuño e xullo e ás 22.00 horas durante o meses de agosto e setembro.
Inscrición.
A inscrición se inicia a través da páxina web www.vigonature.es cubrindo o formulario online e se poden anotar un máximo de 5 participantes por inscrición. O participante responsable deberá ser un adulto.
Un mesmo participante non pode repetir quenda de actividade.
A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.
