Perseidas

Noites De Perseidas en VigoNature

A actividade máis esperada do verán chega na noite do 12 de agosto. As Perseidas, tamén coñecidas como "bágoas de San Lourenzo", son unha das choivas de meteoros máis espectaculares do ano.

Datas, horarios e prezo

 

📅 Data: Martes, 12 de agosto
🕥 Hora de inicio: 22:00 h
⏳ Duración: 2 horas
👥 Aforo limitado: 75 participantes
💰 Prezo: 6 € por participante (inclúe chocolate quente)
📍 Lugar: VigoNature
👨‍🏫 Monitores: 5 guías astronómicos da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura

A inscrición comenza o 28/07/2025 a través da páxina web www. vigonature.es cubrindo o formulario. Máximo de 4 persoas por inscrición.

Os puntos de observación son varios dentro das nosas instalacións: a terraza do edificio para as persoas maiores ( con cadeiras) e o pasillo central  para o resto dos participantes.

Acompañaremos a observación das Perseidas cun chocolante quente.

Haberá grupo especifico para os nenos e nenas

🔎 Contido da actividade:

  • Observación das Perseidas e explicación astronómica
  • Identificación de constelacións visibles
  • Xogos didácticos astronómicos para os máis pequenos
  • Uso de planisferio e punteiro láser
  • Actividade adaptada para adultos e menores

En caso de ceos cubertos ou chuvia, realizarase no auditorio con proxeccións e charla divulgativa.

Importante: Recoméndase levar roupa de abrigo e calzado cómodo. A pesar de ser verán, as temperaturas á noite poden ser baixas en VigoNature.

Prazas esgotadas