Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cociñando con mel

21 junio I 11:00 - 14:00

Taller educativo e sensorial onde descubrirás o fascinante mundo das abellas e os produtos da colmea. Coñeceremos como traballan as abellas,
exploraremos elementos como o mel, a cera ou o pole, e prepararemos deliciosas galletas de mel inspiradas na forma dos panais. Unha experiencia participativa que achega ás familias á importancia da polinización e ao valor destes pequenos insectos para os ecosistemas.

A partir de 3 anos.

Prezo: 6,5 € / adultos/as | 3,50€ / nenos/as
Aforo: 15 participantes (5 familias)

Detalles

  • Fecha: 21 junio
  • Hora:
    11:00 - 14:00

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.