


Horta chea de sorpresas
A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Biodetectives na horta
Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.
Bombas de sementes Nendo Dango
Obradoiro no que elaboraremos unhas bolas recheas de sementes, elaboradas con distintos materiais, que despois poderemos lanzar en diferentes terreos para que estoupen xerminando. Investigaremos cales son os mellores lugares e momentos para poder lanzalas. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.

Lego Robotix

Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h

Aves irrecuperables
Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Plantnet
Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.

Fenómenos do ceo
Descubre os espectáculos máis sorprendentes do firmamento! Nesta actividade falaremos dos fenómenos celestes máis rechamantes como eclipses, cometas, tránsitos planetarios, chuvias de estrelas ou supernovas. A través de explicacións sinxelas, imaxes e unha manualidade creativa, aprenderemos por que e cando ocorren estes eventos, e como podemos observalos dende a Terra. Idade recomendada: 7 anos. Duración: […]

Noites astronómicas

Escape room familiar
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h