O mundo dos artrópodos
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.
Afondaremos no coñecemento do proceso de polinización, cales son os protagonistas máis destacados e formas de facilitar o traballo dos polinizadores. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.
Unha actividade de observación onde empregaremos lupas e outros instrumentos de aumento para descubrir detalles da natureza que adoitan pasar desapercibidos. Observaremos macroorganismos presentes en mostras de auga e outros elementos naturais para comprender mellor as súas estruturas e características. Unha experiencia para espertar a curiosidade científica e aprender a observar a natureza máis de […]
Coñeceremos o ecosistema que se crea nunha horta e a importancia de manter un equilibrio entre as distintas especies para evitar o que coñecemos como pragas. A partir de 4 anos.
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
Actividad de exploración geológica donde conocerás diferentes tipos de minerales, sus características y usos. A través de muestras reales aprenderemos a observar su forma, color, brillo y dureza para diferenciarlos. Descubriremos también como se forman en la naturaleza y la importancia de estos recursos en nuestro día a día. Idade recomendada: a partir de 6 […]
Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.
Roteiros guiados por algúns dos espazos naturais máis destacados de Vigo e o sur de Pontevedra. Estas actividades combinan exercicio físico con interpretación da paisaxe, da biodiversidade e do patrimonio natural. Percorridos con 165 prazas Horario: 9:00-15:00 Convocatoria: 8:30
Un obradoiro tradicional onde aprenderás o proceso de elaboración do pan dende cero ata o produto acabado. Moeremos o gran, mesturaremos os ingredientes e daremos forma á masa para comprender como se facía o pan antigamente. Unha actividade práctica que che introduce na cultura gastronómica e nas tradicións rurais. Máximo 5 familias; Accesible co pago […]
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]
Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.