
O sistema solar
A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia. Idade recomenada: a partir de 7 anos Duración: 1 hora