O mundo dos artrópodos
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]
Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.
Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
Taller no que se descubrirá o proceso máxico de funcionamento dunha semente: como esperta, ábrese e desenvólvese ata formar unha preciosa planta, e que coidados precisa para elo. Cada participante elaborará o seu propio experimento para levar á casa, escollendo unha semente de tempada e iniciando así o seu propio proceso de cultivo. Idade […]
Obradoiro no que elaboraremos unhas bolas recheas de sementes, elaboradas con distintos materiais, que despois poderemos lanzar en diferentes terreos para que estoupen xerminando. Investigaremos cales son os mellores lugares e momentos para poder lanzalas. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.
Esta actividade baséase na procura de vida no Universo, dentro e fóra do Sistema Solar. Aventúrache connosco no misterio da orixe da vida e a súa procura ao longo do universo. Comezaremos cunha mirada aos lugares do noso Sistema Solar onde poderiamos atopar vida, pero tamén iremos máis aló da nosa estrela e aprenderemos que […]
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]
Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra […]