Ir al contenido
VigoNature
  • Home
  • Tarifas, plano e horarios
  • Festas de aniversario
  • Axenda
  • Bonos
  • Visitas escolares
  • Contacta
  • gl GL
    • gl GL
    • es ES
VigoNature
  • Home
  • Tarifas, plano e horarios
  • Festas de aniversario
  • Axenda
  • Bonos
  • Visitas escolares
  • Contacta
12 eventos encontrados.

Eventos

Navegación de búsqueda y vistas de Eventos

Navegación de vistas de Evento

  • Lista
  • Mes
  • Día
Hoy
  • marzo 2026

  • Sáb 7

    Enriquecemento ambiental suricatas

    Destacado 7 marzo I 16:00 - 17:00

    As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

  • Sáb 7

    Hotel insectos

    Destacado 7 marzo I 16:00 - 17:00

    Obradoiro no que se coñecerán insectos que favorecen a biodiversidade e posibilitan a polinización e control dalgunhas pragas, colaborando na construción dun “hotel de insectos” para que se instalen na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos.  Duración: 1 hora.

  • Sáb 7

    A Horta, un micromundo cheo de vida

    Destacado 7 marzo I 17:00 - 18:00

    A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

  • Sáb 7

    Planetario

    Destacado 7 marzo I 18:00 - 19:00

    Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.

  • Dom 8

    O mundo dos artrópodos

    Destacado 8 marzo I 16:00 - 17:00

    Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

  • Dom 8

    Escape room familiar

    Destacado 8 marzo I 16:00 - 18:00

    “Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

  • Dom 8
    Macro shot of green leaves with water droplets after rain in an outdoor garden.

    Plantnet

    Destacado 8 marzo I 17:00 - 18:00

    Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes. Idade recomendada: a partir de 6 anos.

  • Dom 8

    O idioma das aves

    Destacado 8 marzo I 18:00 - 19:00

    Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.  

  • Dom 8

    Planetario

    Destacado 8 marzo I 18:00 - 19:00

    Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.

  • Sáb 14

    O mundo dos reptiles

    Destacado 14 marzo I 16:00 - 17:00

    Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

  • Sáb 14

    O segredo dunha semente

    Destacado 14 marzo I 16:00 - 17:00

    Taller no que se descubrirá o proceso máxico de funcionamento dunha semente: como esperta, ábrese e desenvólvese ata formar unha preciosa planta, e que coidados precisa para elo. Cada participante elaborará o seu propio experimento para levar á casa, escollendo unha semente de tempada e iniciando así o seu propio proceso de cultivo.   Idade […]

  • Sáb 14

    Bombas de sementes Nendo Dango

    Destacado 14 marzo I 17:00 - 18:00

    Obradoiro no que elaboraremos unhas bolas recheas de sementes, elaboradas con distintos materiais, que despois poderemos lanzar en diferentes terreos para que estoupen xerminando. Investigaremos cales son os mellores lugares e momentos para poder lanzalas.   Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.

  • Eventos anterior(es)
  • Hoy
  • Eventos siguiente(s)
  • Google Calendar
  • iCalendar
  • Outlook 365
  • Outlook Live
  • Exportar archivo .ics
  • Exportar archivo .ics de Outlook

Contacta

Correo electrónico
vigonature@vigo.org

Dirección
Praza dos Leóns, s/n, Teis, 36316 Vigo, Pontevedra

Teléfono
986 26 77 83

Aviso legal I Protección de datos I Mapa web I Accesibilidad