


O mundo dos artrópodos
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

O ceo nocturno
Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.

Os polinizadores, uns traballadores incansables
Afondaremos no coñecemento do proceso de polinización, cales son os protagonistas máis destacados e formas de facilitar o traballo dos polinizadores. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.

Noites astronómicas

Escape room familiar
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]

A cara oculta da lúa
Descubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e o porqué das eclipses. Finalmente responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non? Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.

O mundo dos réptiles
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h

Noites astronómicas

Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h