Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
Eventos
-
-
Destacado€10 -
O mundo dos réptiles
DestacadoObradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
-
Horta san, bichos ao rescate
DestacadoMoitos dos invertebrados que viven na horta son moi beneficiosos e neste obradoiro coñeceremos algúns dos “bichos” que nos axudan a manter as plantas fortes e sans. Idade recomendada: 4 anos
-
Horta san, plantas ao rescate
Na horta sempre debe haber plantas que colaboren a manter unha horta sana, ben evitando pragas e enfermidades, ben atraendo polinizadores, ben protexendo a terra, etc. Veremos algunhas e onde situalas na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos. Duración: 1 hora.
-
Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h
-
Enriquecemento lemures
DestacadoAs actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
-
A cara oculta da lúa
DestacadoDescubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e o porqué das eclipses. Finalmente responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non? Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.
-
Lego Robotix
Destacado€10 -
Camuflaxe animal
DestacadoAsiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de clamufaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
-
Arborismo
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: quendas de 17.00h a 19.00h
-
Xogando a “quen é quen?” na horta
DestacadoHoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero.... atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?.... […]
-
Biodetectives na horta
DestacadoObradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.
