Fósiles

Destacado

Obradoiro de paleontología donde descubrirás como se forman los fósiles y que información nos cuentan sobre la vida en el pasado. A través de muestras reales aprenderemos a identificar diferentes tipos de fósiles y huellas. Una actividad para acercarse al mundo de los dinosaurios y a la historia de la Tierra. Idade recomendada: a partir […]

Arborismo

Destacado

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Duración: 1h en quendas de 17.00h a 19.00h

Herbario

Destacado

Taller educativo enfocado na identificación, conservación, clasificación e catalogación de especies vexetais presentes na zona, centrándonos nas especies exóticas e na confección dun herbario, unha ferramenta utilizada polos expertos botánicos para conservar mostras vexetais a modo de arquivo científico. Esta actividade permite un maior achegamento ao mundo vexetal e á metodoloxía botánica dunha maneira práctica […]

Enriquecemento ambiental suricatas

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

Os animais do exotarium

Destacado

Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dalgunhas especies dos animais do exotarium, as súas curiosidades e bioloxía. Nesta actividade non se poderá manipular espécimes pero si observalos de cerca a cargo de persoal especializado. Idade recomendada: a partir de 6 anos

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.