Enriquecemento ambiental suricatas

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento. Idade recomendada: a partir de 6 anos Duración: 1 hora.

Hotel insectos

Destacado

Obradoiro no que se coñecerán insectos que favorecen a biodiversidade e posibilitan a polinización e control dalgunhas pragas, colaborando na construción dun “hotel de insectos” para que se instalen na horta. Idade recomendada: a partir de 4 anos.  Duración: 1 hora.

A Horta, un micromundo cheo de vida

Destacado

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa... A ver que nos aparece hoxe. Idade recomendada: 4 anos.

Vigo a oscuras, a gran eclipse solar de 2026

Destacado

Prepárache para un dos eventos astronómicos máis espectaculares do século! O 12 de agosto de 2026, o ceo de Vigo será testemuña dunha eclipse solar practicamente total, e queremos que esteas listo para vivilo de forma segura e fascinante. Aprenderemos por que este fenómeno é tan especial e como a historia e a ciencia únense […]

NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES

Información importante sobre as inscricións

-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.

-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.

-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.