Xogando coas sementes na horta

Destacado

Este é un momento ideal para recoller sementes dalgunhas plantas, ese regalo que nos ofrecen as plantas da horta para gardar de cara a tempada seguinte e, tamén, para poder comer. Ademais, toca sementar algúns cultivos e tamén faremos un xogo onde as sementes sexan as protagonistas. Idade recomendada: 4 anos. Duración: 1 hora.

O mundo dos réptiles

Destacado

Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

Un bosque no peto

Destacado

O outono é a estación ideal para recoller froitos e sementes da maioría das árbores e arbustos da nosa zona. Imos recolectar sementes das especies autóctonas presentes en Vigo Nature. Aprenderemos a recoñecer as árbores máis comúns e posteriormente, no invernadeiro, plantaremos as sementes recollidas para facer un pequeno viveiro forestal. Estas árbores servirannos, no […]

O ovo e a galiña

Destacado

Que foi primeiro, o ovo ou a galiña? Participa neste xogo de mesa en familia onde investigaremos a orixe das galiñas facendo unha viaxe ao Xurásico, onde atoparemos ao antepasado da Galiña de Mos, e observaremos a súa evolución ata o presente. Idade recomendada: 6 anos. Duración: 1 hora.

Coñecendo o noso sol

Destacado

Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por "o ceo nocturno". Idade recomendada: 7 anos

O idioma das aves

Destacado

Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables. A partir de 6 anos. Duración: 1 hora.  

Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.