Xogando a “quen é quen?” na horta

Destacado

Hoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero.... atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?.... […]

Biodetectives na horta

Destacado

Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.

Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.