Enriquecemento lemures

Destacado

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

Os animais do exotarium

Destacado

Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dalgunhas especies dos animais do exotarium, as súas curiosidades e bioloxía. Nesta actividade non se poderá manipular espécimes pero si observalos de cerca a cargo de persoal especializado. Idade recomendada: a partir de 6 anos

Especies exóticas invasoras

Destacado

Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra […]

O idioma das aves

Destacado

Escoitaches falar a unha ave?, se as escoitaches sabes que comunícanse a través de asubíos, berros, cantos, etc. Nesta actividade tentaremos descifrar e simular o canto de varias aves cun "instrumento" que faremos nos mesmos.  

Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo  festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.