Información importante sobre as inscricións

-As actividades están incluídas no prezo da entrada.

-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.

-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.

-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.

-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.

O mundo dos artrópodos

Destacado

Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.

O ceo nocturno

Destacado

Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Idade recomendada: a partir de 7 anos.  Duración: 1 hora.

Os polinizadores, uns traballadores incansables

Destacado

Afondaremos no coñecemento do proceso de polinización, cales son os protagonistas máis destacados e formas de facilitar o traballo dos polinizadores. Idade recomendada: a partir de 4 anos.  Duración: 1 hora.