Eventos en 15 junio 2025
Escape room familiar
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. […]
Enriquecemento lemures
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora.
O ceo nocturno
Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.
O ciclo da auga
Aprenderemos como se forman a choiva e as nubes, a través do ciclo da auga. Traballaremos coma verdadeiros científicos, e crearemos nosas propias nubes e pingas de choiva, e coñeceremos a importancia da auga para os seres vivos. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Duración: 1 hora
NORMAS INSCRIPCIONES ACTIVIDADES
Información importante sobre as inscricións
-As actividades ordinarias están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos. Os xustificantes de pago deben ser sempre remitidos dentro do plazo que se indique.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes o propio día da actividade.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
-Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas.
-Só se poderá acudir a unha actividade (sempre que nesta exista aforo)
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o importe da entrada.
