Noites astronómicas 2026

Datas e horarios

  • Xuño: sábados 06 e 20 e xoves 18
  • Xulio: sábados 04, 11 e 18 e mércores 08 e 15
  • Agosto: sábados 08 e 15 e mércores 05 e 19
  • Setembro: sábados 05 e 12
  • A hora de inicio da actividade será ás 22.30 horas durante os meses de xuño e xullo e ás 22.00 horas durante os meses de agosto e setembro.
  • Duración aproximada entre 1 1⁄2 e 2 horas.
  • Aforo limitado: 25 participantes.
  • Prezo: 6 € por participante (inclúe chocolate quente).

Detalle da actividade

A actividade levarase a cabo na terraza superior do reptilario adaptada para tal fin ou na praza de Félix Rodríguez de la Fuente e arredores.

Presenza de polo menos 2 guías astronómicos que dirixirán a Actividade.

Dirixida para adultos e nenos/as a partires de 8 anos de idade.

  • Nocións sobre a filosofía StarLight.
  • Traxectorias dos astros.
  • Manexo dun planisferio achegado polo Concello de Vigo.
  • Breve introdución ao funcionamento e manexo do telescopio e os prismáticos.
  • Desprazamento de telescopios e prismáticos para a observación do ceo ou a Lúa e algún planeta visible nese momento
  • Localización con punteiro láser das Constelacións Circumpolares (facilmente identificables para todos os públicos)
  • Localización con punteiro láser das Constelacións estacionais (facilmente identificables para todos os públicos)
  • Nocións de mitoloxía e a súa relación coas constelacións
  • Resposta a preguntas astronómicas habituais por parte do público asistente

* Se as condicións atmosféricas non o permiten (ceos cubertos, choiva etc.), a actividade trasladarase ao auditorio de VIGONATURE,

onde se levará a cabo unha pequena conferencia divulgativa para todos os públicos e mediante unha proxección realizarase a visita guiada do ceo de xeito virtual.

Normas da inscrición

  • A inscrición se inicia a través da páxina web www.vigonature.es cubrindo o formulario online e se poden anotar un máximo de 5 participantes por inscrición. O participante responsable deberá ser un adulto.
  • Un mesmo participante non pode repetir quenda de actividade.
  • A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas e enviado o xustificante de pago dentro do plazo establecido.
  • Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
  • As persoas deben estar 10 minutos antes do inicio da actividade.
  • Non se pode acceder ás actividades unha vez empezadas

Reserva agora e asegura un lugar para que os nenos vivan unha experiencia astronómica única

*Datas de xulio, agosto e setembro abertas próximamente
Protección de datos