XI Andaina polos montes de Vigo
XI Andaina polos montes de Vigo
Programa xeral
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a XI Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa- Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns .
Inscrición no 010: dende o 14 de maio ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademais, haberá exposicións e actividades infantís.
Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos espazos recreativos a espazo aberto máis destacados da cidade. Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal de Zamáns, na Comunidade de Montes de Zamáns.
Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que tanto o parque forestal como os muíños do río Zamáns son unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis frecuentes.
As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Zamáns e de Beade-Bembrive, pasando tamén polos parques forestais de Beade e da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) ou por lugares de interese medioambiental e etnolóxico. A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, con frondosas e bosque de ribeira. A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público familiar (ver
programa infantil). A modo de resume recóllese nos seguintes apartados.
Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Zamáns, Beade e Bembrive. Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Zamáns:
08:00
Andaina longa - 20 km
Dificultade alta
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Traslado a Inicio de ruta na A.R. do Pouso – Parque Forestal de Beade – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns
09:00
Andaina media - 12 km
Dificultade media-baixa
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns
11:00
Andaina curta - 6,7 km
Dificultade baixa
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – PF de Zamáns
MAPA
Características: pendente media 6,4%; -6,6% | pendente máxima 20,7%; -20,1% | desnivel 241m/-241m
ALZADO
Programa xeral
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a XI Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa- Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns .
Inscrición no 010: dende o 14 de maio ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademais, haberá exposicións e actividades infantís.
Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos espazos recreativos a espazo aberto máis destacados da cidade. Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal de Zamáns, na Comunidade de Montes de Zamáns.
Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que tanto o parque forestal como os muíños do río Zamáns son unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis
frecuentes.
As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Zamáns e de Beade-Bembrive, pasando tamén polos parques forestais de Beade e da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) ou por lugares de interese medioambiental e etnolóxico. A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, con frondosas e bosque de ribeira. A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público familiar (ver
programa infantil). A modo de resume recóllese nos seguintes apartados.
Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de
Zamáns, Beade e Bembrive. Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Zamáns:
08:00
Andaina longa - 20 km
Dificultade alta
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Traslado a Inicio de ruta na A.R. do Pouso – Parque Forestal de Beade – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns
09:00
Andaina media - 12 km
Dificultade media-baixa
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – Galiñeiro – PF de Zamáns
11:00
Andaina curta - 6,7 km
Dificultade baixa
Convocatoria no Parque Forestal de Zamáns – Sendeiro local de Zamáns – PF de Zamáns
Recomendación: para todos os públicos e para familias con fillas e fillos maiores de 8 anos.
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
Programa infantil
Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.
11:00
Peque-ruta
“O monte de Vigo na primavera”
Destinatarios
Familias con fillos menores ata 8 anos
Horario
Acollida en Parque Forestal de Zamáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30)
Percorrido
Entorno do Parque Forestal de Zamáns
Observacións
Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.
13:00
Xogos infantis
Tiro con arco | Rastrexo
Máis información
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas
aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para
menores inscritos ata 8 anos.
11:00
Peque-ruta
“O monte de Vigo na primavera”
Destinatarios
Familias con fillos menores ata 8 anos
Horario
Acollida en Parque Forestal de Zamáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30)
Percorrido
Entorno do Parque Forestal de Zamáns
Observacións
Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.
13:00
Xogos infantis
Tiro con arco | Rastrexo
Máis información
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas
aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para
menores inscritos ata 8 anos.
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO
Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no XI Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 29 de maio as 13 horas no 010.
No caso de que o día 31 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Zamáns ata media hora antes do inicio da actividade.
Lugar de encontro: Parque Forestal de Zamáns. Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina Longa dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.
Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación descrita previamente, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.
Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando
a flora e fauna que se atope.
Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina descrito nesta web e desprazarse ata o Parque Forestal de Zamáns, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan.
Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23
