VigoNature abre a convocatoria para unha xornada formativa específica sobre a eclipse solar de agosto de 2026. Esta iniciativa busca preparar á comunidade educativa para un fenómeno que, no caso de Vigo, acadará un 99,4% de escurecemento.
Data e hora
18 de maio as 11:00 horas nas instalacións de VigoNature. 2 horas de duración.
Niveis educativos
Destinado a profesorado de
5º e 6º de Primaria e ESO.
Inscrición
Envía un correo electrónico a vigonature@vigo.org.
As prazas están limitadas para asegurar a calidade da formación.
80 prazas ata completar aforo.
Contidos do programa
A charla, impartida por membros da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, ofrecerá ferramentas pedagóxicas e científicas baixo unha perspectiva interdisciplinar:
Astronomía
Aliñación Sol-Lúa-Terra e tipos de eclipses (total, parcial e anular).
Ciencia
Aplicación do método científico á observación astronómica e competencias STEM.
Seguridade
Protocolos de seguridade ocular, uso de gafas certificadas e métodos de observación indirecta.
Contexto
Análise da tríada de eclipses que visitará España entre 2026 e 2028.
Obxectivo Pedagóxico
Coa unidade didáctica Baixo a sombra da Lúa, VigoNature reforza a preparación dos centros educativos vigueses ante un acontecemento astronómico de especial relevancia, facilitando os recursos necesarios para que a eclipse de 2026 sexa unha experiencia educativa inesquecible e segura.
Recursos para a aula
A proposta inclúe actividades adaptadas a cada etapa educativa:
Primaria
Creación de modelos a escala e análise de mitos sobre as eclipses.
Eso
Simulacións dixitais, mecánica orbital e impacto ambiental do fenómeno.
Material
Cada docente participante recibirá 25 gafas homologadas de protección para repartir entre o seu alumnado.