Vigo a oscuras, a gran eclipse solar de 2026

Prepárache para un dos eventos astronómicos máis espectaculares do século! O 12 de agosto de 2026, o ceo de Vigo será testemuña dunha eclipse solar practicamente total, e queremos que esteas listo para vivilo de forma segura e fascinante. Aprenderemos por que este fenómeno é tan especial e como a historia e a ciencia únense baixo a sombra da Lúa. Como agasallo especial, cada participante recibirá unhas lentes de observación solar homologadas para ver a eclipse con total seguridade achegadas por Vigonature.
Idade recomendada: a partir de 7 anos. Duración: 1 hora.
Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
-A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.
