A segunda etapa de percorridos medioambientais da tempada de primavera’26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar nos montes de Redondela, particularmente no tránsito entre o Parque Forestal do Vixiador (Vigo) e os montes de Cabeiro e San Estevo de Negro, para rematar na Senda da Auga. Por motivos organizativos non se poido acceder aos montes de Trasmañó, sendo preciso reorganizar os trazados previstos inicialmente.
Nun día de moita luz e de temperatura moi agradable poidemos comprobar como o Monte Penide acolle unha das concentracións de patrimonio prehistórico máis importante de Galicia, o que pon en evidencia como era un territorio moi idóneo para asentamentos humanos. A Mámoa do Rei e o Castro de Negros son unha mostra dilo. Tamén son chamativas as lendas asociados a estes lugares.
Máis información dos contidas da ruta AQUI.
Tamén houbo ocasión de gozar das vistas á Serra do Galleiro, ao Val de Redondela, á Ensenada de San Simón e ao entorno que discorre pola Depresión Meridiana. Poidemos coñecer o motivo polo que Redondela non poido ter un gran porto, que básicamente consiste no pouco calado que teñen as augas da Ría de Vigo na Ensenada de San Simón.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas:

