Hortas urbanas

Participación

A Concellería de Medio Ambiente de Vigo implantou dende 2013 un programa de hortas-escola en distintos
barrios da cidade: Camelias, Fontáns (Ramón Nieto), Pedro Alvarado (Teis), Navia e Sardomela (Cabral). A
actividade desenvolta nestas hortas permite aos solicitantes participar no nivel I de hortas urbanas acadar os coñecementos básicos para autoxestionar unha horta e a súa posta en práctica co apoio contínuo de monitorado.


En 2016 púxose en funcionamento o nivel II das hortas urbanas, dirixido a aqueles/as participantes que
cumpran a condición de ter participado no último ano nunha horta-escola (nivel I). As parcelas previstas
serán aproximadamente de 20 m2 e poranse en funcionamento nunha nova horta en Ramón Nieto,
reservada ata agora só a actividades de voluntariado de hortas, así como nunha parte da horta de
Sardomela. Neste caso, o apoio do monitorado será esporádico.


No caso de haber máis solicitudes que parcelas dispoñibles, a Concellería de Medio Ambiente habilitará un
mecanismo de asignación que contemplará criterios de asiduidade na participación ata o momento e
dominio autónomo das técnicas manexadas no nivel I, e de ser preciso, sorteo entre candidatos/as con
igualdade de puntos.

O programa inclúe formación práctica en agricultura ecolóxica en diferentes espazos da cidade. Ademais, ofrécese un curso básico de hortas da cidade para iniciarse no cultivo sostible. Para poder participar é necesario realizar o curso básico de hortas urbanas.

  • Cursos de 1º nivel
    14 abril (martes): horta de Navia (16:30-18:00)
    15 abril (mércores): horta de Fontáns (16:30-18:00)
    16 abril (xoves): horta de Pedro Alvarado (16:30-18:00)
    Destinatarios: maiores de idade.
    Grupo: ata 15 persoas
    Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), nos días previos, de 8:00 a 20:00
    Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola.
  • Curso de 2º nivel.
    17 abril (venres): horta de Sardomela (11:00-13:00)
    Horario e Lugar: comunicaraselle ás persoas preinscritas nas hortas que cumpran cos requirimentos para
    participar no 2º nivel
Horta-escola Sardomela (Cabral)

(nivel I e II): martes 10-13 e venres 10-13 | Maps-Sardomela (detrás CEIP O Sello – Cabral)

Horta-escola Fontáns (Lavadores)

Mércores 16-19, sábado 10-13 | Maps-Fontáns (Rúa Fontáns 117)

Horta-escola Ramón Nieto I

Mércores de 16 a 19h e sábados de 10-13h

Horta-escola Pedro Alvarado (Teis)

Xoves 16-19, sábado 10-13 | Maps-Pedro Alvarado (Rúa Pedro Alvarado 13A)

Horta-escola Navia

Martes 16-19, xoves 10-13 e sábado 10-13 | Maps-Navia (entre Máis que Auga e Skate Park)

Horta-escola Camelias

Xoves 16 a 18:30h

Consulta las actividades e inscríbete ahora para formar parte del programa de participación ambiental en Vigo.


Descobre máis detalles sobre cada roteiro no noso blog