Percorridos medioambientais

Roteiros guiados por espazos naturais e a carón da ría de Vigo e sur de Pontevedra

  •  Miradoiros de Vigo, Redondela, O Porriño, Ponteareas, Tomiño, Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal, A Cañiza, Cangas, Moaña, Vilaboa, e Soutomaior. 
  • XI Andaina polos montes de Vigo.
  • Roteiro nocturno polos montes de Valladares.

Estas actividades permiten descubrir a paisaxe, a biodiversidade e o patrimonio natural da contorna.

Estas actividades combinan exercicio físico con interpretación da paisaxe, da biodiversidade e do patrimonio natural.

OUTONO: Miradoiros a carón da ría de Vigo

 

  • 27 de setembro, Miradoiros de Cangas (Costa da Vela)
  • 4 de outubro, Miradoiros de Cangas (Serra da Madalena)

  • 11 de outubro,Miradoiros de Moaña (A Paralaia)

  • 25 de outubro, Miradoiros de Vilaboa (Salinas de Ulló)

  • 1 de novembro, Miradoiros de Soutomaior**

     

Percorridos con 165 prazas

*Horario: 9:00-15:00 Convocatoria: 8:30

** Cambio a horario de inverno

  • Percorridos de mañá (gratuíto, ata 165 prazas): Saída 9:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:30. Retorno estimado: entre 14:00-15:00, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional.
  • Inscrición: 010, na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
  • Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá participar en dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.
  • Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei.
  • Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.

Consulta a nosa axenda e elixe a actividade que mellor se adapte a ti. As inscricións realízanse a través de:

Teléfono 010

Consulta las actividades e inscríbete ahora para formar parte del programa de participación ambiental en Vigo.