- Este evento ha pasado.
Plantas con raíces comestibles

Un obradoiro práctico onde experimentarás o cultivo de hortalizas de raíz na túa horta, como cenorias, rabanetes, remolachas e patacas. Os participantes experimentarán coa sementeira directa e a plantación en macetas, aprendendo sobre as condicións do solo, a profundidade de plantación e os coidados necesarios para un bo desenvolvemento das raíces.
Idade reconmendada: a partir dos 4 anos
Información importante sobre as inscricións
-As actividades están incluídas no prezo da entrada.
–A inscrición para actividades de fin de semana pode realizarse desde o luns desa semana ata o venres ao 12.00 h (salvo festivos) en educacion.vigonature@vigo.org con horario ao público de luns a venres de 11:00h a 20:00h excepto festivos.
-As fins de semana e festivos, a inscrición realízase presencialmente en despacho de billetes.
-A reserva só quedará confirmada unha vez realizado o pago das entradas.
-Os menores de idade deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
-En caso de non poder acudir a actividade non se devolve o diñeiro.
