Participación ambiental

Participación ambiental aglutina as accións que a Concellería de Medio Ambiente de Vigo desenvolve para
facilitar a implicación da cidadanía viguesa no coñecemento da súa contorna, así como a aprendizaxe
práctica e a colaboración na protección, mellora e conservación de espazos de especial interese.
Estas iniciativas forman parte dunha estratexia global coordinada por Vigo Nature e articúlanse en tres
liñas de acción: Percorridos medioambientais, Hortas urbanas e Voluntariado medioambiental.
A programación prevista desenvólvese por tempadas, presentándose a continuación a proposta de primavera
de 2026.

Cómo podes participar?

É moi sinxelo podes facelo das seguintes maneiras:

Percorridos medioambientais

Inscrición para empadroados de lunsa mércores de 8 a 20h previos á actividade.

Non empadroados: o xoves.

Hortas urbanas

Realizando os cursos de incorporación programados en cada tempada. Só para empadroados.

Voluntariado medioambiental

Realizando os cursos de incorporación programados en cada tempada. Só para empadroados.

Eventos

Próximamente actividades especiais.

Consulta a nosa axenda e elixe a actividade que mellor se adapte a ti. As inscricións realízanse a través de:

Teléfono 010

Consulta las actividades e inscríbete ahora para formar parte del programa de participación ambiental en Vigo.


Descobre máis detalles sobre cada roteiro no noso blog