O Laboratorio Natural
Un aniversario de experimentación, curiosidade e descubrimento ao aire libre
O Laboratorio Natural é un aniversario de carácter experimental no que as crianzas participan en diferentes actividades prácticas relacionadas con fenómenos naturais.
Ao longo da celebración, o grupo rota por estacións de experimentación nas que realizan probas visuais e manipulativas como filtrado de auga, observación de fluídos, experimentos de aire ou pequenas comprobacións físicas adaptadas á súa idade. A actividade complétase cunha exploración final do entorno utilizando instrumentos de aumento para observar elementos do parque.
Unha proposta activa e participativa que combina experimentación, descubrimento e contacto directo coa natureza.
Pequenas científicas e científicos en acción
O Laboratorio Natural achega ás crianzas ao método científico dun xeito sinxelo e adaptado á súa idade.
A través da observación e da experimentación práctica, as crianzas formulan pequenas hipóteses, comproban resultados e descobren como se comportan distintos fenómenos naturais. A actividade favorece o pensamento crítico, a curiosidade e a atención aos detalles, ao tempo que promove a autonomía e o traballo en grupo.
Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
3-5 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se
sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.
Ubicación
A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo.
Requisitos
Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Por que celebrar este aniversario en VigoNature?
O entorno de VigoNature permite desenvolver propostas experimentais utilizando o propio parque como punto de observación e exploración. A diversidade de elementos naturais ofrece un contexto real no que realizar probas, observacións e pequenas investigacións adaptadas á idade do grupo.
Celebrar este aniversario en VigoNature facilita que a experimentación non se limite a un espazo pechado, senón que se complemente cun contacto directo co medio. A natureza convértese así nun recurso educativo que reforza a curiosidade, a observación e unha relación activa e respectuosa co entorno.
