O clima e a meteoroloxía

Descriptor de actividade ordinaria

Nesta actividade os estudantes aprenderán como funciona unha estación meteorolóxica, que elementos a compoñen, así como, que mide cada un deles. Coñecerán o pluviómetro, o termómetro, o anemómetro, etc.

Aprenderán que mide cada instrumento e como se usa. Coa unión destes tres elementos, descubrirán de que xeito axudan os datos obtidos para a vida das persoas, e os cambios observados nas diferentes estacións do ano, así coma coñecer e interpretar un mapa meteorolóxico e coñecer as predicións. Coñecerán e aprenderán a diferenciar conceptos coma o tempo meteorolóxico e o clima.

 

Esta actividade contempla un traballo previo de observación e recollida de datos no centro escolar

cunha estación meteorolóxica portátil que VigoNature entregará con anterioridade á visita.

Programación de actividade

Máximo de participantes 50.

Esta programación pode estar suxeita a cambios durante a duración do programa educativo.

Horario tipo Accións
10:00 horas a 10:15 horas
Recepción
10:15 horas a 10:30 horas
Presentación audiovisual
10:30 horas a 11:00 horas
Xogo de pistas meteorolóxicas
11:00 horas a 11:30 horas
Visita guiada estación meteorolóxica e instrumentos analóxicos (*)
11:30 horas a 12:00 horas
Obradoiro de recopilación de datos obtidos no centro escolar e na estación meteorolóxica dixital.
12:00 horas
Remate e despedida

(*) En caso de choiva esta actividade se realizará en interior e poderá ser modificada

Coñece o resto dos nosos bloques

Reserva a actividade

Se desexas ofrecer esta experiencia ao teu grupo escolar, podes realizar a reserva a través de o noso formulario.