Escape room

Código 17: Unha Aventura de Escape Room

¡O futuro do planeta está nas túas mans!

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago.

 

O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo.

 

Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.

Actividades e retos

Inicialmente os pequenos recibirán un pequeno curso de supervivencia e despois deberán superar unha serie de emocionantes retos, como carreiras de obstaculos e tiro con arco, mentres buscan todas as pistas agochadas no recinto de VigoNature para resolver o misterio do parque.

A través destes xogos, os nenos non só se divertiran, senón que tamén aprenderán sobre a importancia do traballo en equipo, o equilibrio e as habilidades motrices. Ademais, cada reto ten un compoñente educativo relacionado co mundo natural, axudando aos nenos a conectar coa natureza dunha forma única. Unha festa na que se o pasarán xenial e aprenderán sen decatarse! 

17
20
28

Detalles importantes sobre o aniversario

+10 anos

Participación por equipos, fomentando o traballo cooperativo. De 15 a 16 participantes. 

120 minutos de xogo intenso e divertido.

  1. Dirixídevos ao Auditorio para a benvida.
  2. Entregaráselles a cada participante a súa bata de laboratorio, identificación e mapa da misión.
  3. Recibiredes as normas básicas e a introdución á historia… ¡E comezará a aventura!
  • Non empregar a forza: todos os desafíos resólvense con lóxica.
  • Coidar o material: é fráxil e compartido con outros grupos.
  • Cadeados só co código correcto: e deben deixarse no seu sitio tras abrilos.
  • Respecto absoluto entre participantes: berrar ou pelexar pode supoñer a expulsión.

En caso de climatoloxía adversa o escape room substituirase polo escape room “Cambio climático” que se realizará nun espazo cuberto.

A misión

Un grupo de científicos liderado polo temido Dr. Lago quere sabotar o futuro do planeta. Ocultaron os 17 ODS e depende de ti e do teu equipo atopalos a tempo.

Teredes que resolver retos que activan cadeados numéricos, de letras e direccionais, todos con pistas agochadas no entorno.
Só tedes unha hora para completar a misión. ¡Non hai tempo que perder!

Obxectivos

Os obxectivos deste escape son o descubrimento e compresión dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), fomentar a cooperación, o pensamento crítico e a comunicación. Todo isto mentras te divertes nunha experiencia educativa e orixinal.

 

Ao rematar… ¡Faite unha foto no noso photocall co teu equipo e leva un recordo da túa fazaña científica!

¿Preparados para salvar o mundo? Inscríbete agora e acepta o reto de Código 17!