A Pequena Feria

Un aniversario pensado para xogar, moverse e descubrir ao teu ritmo

A Pequena Feira é un aniversario pensado especialmente para as primeiras idades, no que o xogo, o movemento e a experimentación son os protagonistas.

As crianzas participan nunha pequena feira infantil con distintos postos de xogo adaptados ao seu ritmo: xogos de puntería sinxelos, canastas e porterías, percorridos de equilibrio, pesca de parruliños, xogos musicais e espazos creativos.

Todo se desenvolve nun ambiente tranquilo e seguro, permitindo alternar momentos de movemento con actividades máis calmadas, sempre acompañadas polo monitorado.

Un aniversario onde xogar tamén é aprender

Ademais de ser unha celebración chea de xogos e alegría, A Pequena Feira favorece o desenvolvemento psicomotor, a coordinación, o equilibrio e a socialización temperá.

A través do xogo compartido, as crianzas aprenden a respectar quendas, relacionarse co grupo e explorar o movemento e a creatividade dun xeito natural e divertido, nun ambiente tranquilo e adaptado ás súas necesidades.

17
19
26

Detalles importantes sobre o aniversario

3-5 anos

Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se
sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.

Se o desexas, podes adicar  parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.

A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo. 

Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades. 

*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.

Por que celebrar este aniversario en VigoNature?

VigoNature é o entorno ideal para celebrar un aniversario nas primeiras idades, xa

que ofrece espazos amplos, naturais e sen sobreestimulación, onde as crianzas

poden xogar con liberdade e seguridade.

A Pequena Feira aproveita o parque para favorecer o movemento espontáneo, a

exploración tranquila e a socialización temperá nun contexto saudable. Celebrar este

aniversario ao aire libre permite respectar os ritmos individuais e crear unha

experiencia positiva e significativa nun contacto directo coa natureza.

Reserva agora e asegura un aniversario inesquecible en VigoNature, un lugar onde a diversión e o aprendizaxe van da man.