A Gran Aventura do Rastrexo
Un aniversario de aventura, orientación e retos ao aire libre
A Gran Aventura do Rastrexo é un aniversario activo pensado para nenos e nenas con ganas de aventura e exploración.
Durante a celebración, as crianzas participan nun xogo de orientación polo parqueno que deben seguir pistas, localizar balizas e superar diferentes retos en equipo.
Aprenden a usar a brúxula e os prismáticos e afrontan probas como construción de refuxios, equilibrio, tiro con arco, nudos ou xogos de observación.
Unha experiencia dinámica, cooperativa e adaptada á idade.
Aprender explorando, descubrir xogando
A Gran Aventura do Rastrexo propón un aniversario no que a diversión vai da man da exploración, o reto e a aprendizaxe activa.
Ao longo da experiencia, as crianzas poñen en práctica a observación, a orientación,a toma de decisións e o traballo en equipo, afrontando retos que requiren cooperación e pensamento estratéxico.
Este formato de aniversario favorece a autonomía, a confianza nas propias capacidades e a resolución de problemas nun contexto lúdico, facendo que aprender sexa parte natural do xogo e da aventura.
Detalles importantes sobre o aniversario
Idade recomendada
+8 anos
Grupos
Máximo de 25 nenos con acompañamento dun pai, nai ou titor. Isto permitirá que todos os nenos se sintan cómodos e desfruten da experiencia de forma segura.
Visita Guiada
Se o desexas, podes adicar parte do tempo do aniversario a unha visita guiada de 45 minutos polo recinto de VigoNature, onde os nenos poderán explorar a natureza e aprender sobre o entorno no que se atopan. Isto permitirá equilibrar o tempo de xogos cunha actividade educativa e relaxante. Esta visita inclúese como parte do tempo de celebración do aniversario (duas horas) polo que a visita non incrementa o tempo de celebración.
Ubicación
A festa pode realizarse tanto no exterior como no interior, segundo as condicións do día ou as preferencias do grupo.
Requisitos
Para que os nenos desfruten ao máximo, recomendamos que leven roupa deportiva cómoda, zapatos cómodos (tenis) e moitas gañas de divertirse. É posible que algúns dos xogos se manchen un pouco, así que asegúrate de que leven roupa adecuada para este tipo de actividades.
*Recomendase que o pai, nai ou titor que acompañe aos nenos leve consigo unha botella de auga durante a actividade, sobre todo en verán ou días de moito sol.
Por que este anivaersario en VigoNature?
VigoNature é o escenario perfecto para unha aventura de rastrexo real, xa que permite desenvolver un xogo de orientación nun entorno natural auténtico.
O parque ofrece espazos variados que fan posible desprazarse, orientarse e explorar de forma segura, convertendo a natureza nun elemento activo do xogo. Celebrar este aniversario en VigoNature fomenta a autonomía, o traballo en equipo e o respecto polo medio, facendo que a experiencia sexa moito máis intensa, memorable e significativa ca nun espazo artificial.
